Roteiro reivindicativo 16 de xuño

Dende as asociacións e colectivos A. C. As da Industria, A.V.V. Curva de San Gregorio, Asociación de comerciantes Barxa de Buíde, Defensa Parque García Picher, Amigas das Árbores Vigo, Asociación Cultural Vila De BouzasVigo Baleiro e Newt Crafts, unidas no espazo de #BeiramarDaXente, convocamos a cidadanía de Vigo e comarca a un roteiro reivindicativo o vindeiro domingo 16 de xuño con saída na factoría Alfageme de Bouzas (rúa Tomás A. Alonso 186) e final na praza do auditorio Mar de Vigo (rúa Jacinto Benavente 19).


Nel coñeceremos algún dos fitos e elementos máis representativos do patrimonio industrial da nosa cidade. Colocaremos placas informativas nalgún dos inmobles máis destacados do percorrido (Alfageme, Cardama, Cerqueira, Barreras, Fribesa, Frigodis…) e contaremos coa presenza de: Anxo Vila (A. V. Curva de San Gregorio), David Amoedo (Tranvías Eléctricos de Vigo e As da Industria), Defensa Parque García Picher, Amigas das Árbores Vigo, Mariña López (Museo da Conserva) e Puri Pérez Leiros (Bouzas olladas salgadas).

Pola defensa do noso patrimonio e da historia e a memoria da nosa cidade

Vigo 10/06/2024